Luis Zahera recoñecido pola súa traxectoria no Aguilar Film festival

O actor recollerá a Águila de Oro do festival o vindeiro día 28 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Luis Zahera recoñecido pola súa traxectoria no Aguilar Film festival

O actor santiagués Luis Zahera, que ven de estrearse como protagonista coa serie 'Animal' en Netflix recibirá un recoñecemento á súa traxectoria profesional en Aguilar de Campoo (Castela e León). Será durante a celebración do 37º Aguilar Film Festival (AFF) que se lle entregará o premio Águila de Oro ao santiagués. O intérprete, gañador de dous premios Goya polos seus traballos como secundario en El Reino (Rodrigo Sorogoyen, 2018) e As Bestas (Rodrigo Sorogoyen, 2022) e de outros recoñecementos en festivais como Málaga ou Cans, ten tamén no seu haber a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. O vindeiro sábado 28 de novembro Zahera recollerá o galardón, que o festival de Aguilar tamén concede este ano ao director belga Olivier Smolders e ao actor vallisoletano Óscar de la Fuente.

Que che parece esta nova?
110 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luis Zahera, Premios Goya, Ouro, Belas Artes...