A parella de actores galegos que interpretan a dous irmáns na longametraxe de ficción 'As bestas', dirixida por Rodrigo Sorogoyen, conta dende onte cun novo premio polo seu traballo actoral. Neste caso o recoñecmento ven desde os seus compañeiros de profesión xa que se trata dos XXI Premios de la Unión de Actores y Actrices, que se entregaron onte no Teatro Circo Price de Madrid. Os compostelán subiron ao escenario ata tres veces. Diego Anido recibiu o premio Revelación masculino e volveu subir ao escenario a recoller tamén o que se lle entregou ao seu compañeiro de reparto en 'As bestas', o francés Denis Ménochet, que foi recoñecido como mellor actor protagonista de cine. Pola súa banda Luis Zahera volveu ver recoñecido o seu traballo interpretativo coa concesión do Premio de Cine ao mellor actor secundario.