O actor santiagués LuÃs Zahera segue a colleitar recoñecementos polo seu traballo na longametraxe "As bestas", de Rodrigo Sorogoyen. Nesta ocasión foi na Xª edición dos Premios Platino do cine iberoamericano, que celebraron a súa entrega de premios en Madrid. O actor recibiu o galardón ao mellor traballo masculino de reparto pola súa actuación na cinta hispano-francesa, que tamén acadou o premio de Mellor Dirección para Sorogoyen, de Mellor dirección de montaxe (Alberto do Campo) e Mellor dirección de son (Aitor Berenguer, Fabiola Ordoyo, e Yasmina PradarÃas). Os Premios Platino buscan recoñecer aos profesionais da industria cinematográfica iberoamericana, que comprende nacionalidades europeas, suramericanas, norteamericanas e caribeñas, coa condición de que a versión orixinal dos filmes sexa en castelán ou en portugués. Están organizados pola Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales (EGEDA) en colaboración coa Federación Iberoamericana de Productores Cinematográficos y Audiovisuales (FIPCA), Federación Iberoamericana de Academias de Artes y Ciencias Cinematográficas (FIACINE). Zahera non puido acudir a recoller o galardón, que suma aos anteriormente gañados polo mesmo papel en 'As Bestas': o premio Feroz e o Goya.
O audiovisual galego tamén conta cos nomes de dúas mulleres profesionais recentemente premiadas, grazas aos Premios Talento 2023, que concede a Academia de Televisión y de las Ciencias y las Artes del Audiovisual. Estes galardóns que fan un recoñecemento a profesionais que traballan desde detrás das cámaras terán este ano entre as súas gañadoras ás dúas profesionais galegas Teresa Fernández Valdés ( Pontevedra, 1980), produtora e fundadora de Bambú Producciones, e Edelmira RodrÃguez Carracedo (Sofán), Directora de Contenidos y Programación Castilla- La Mancha Media. Teresa Fernández Valdés anunciou fai un mes a súa saÃda de Bambú Producciones para iniciar un proxecto propio de produción audiovisual. A cerimonia de entrega dos Premios Talento terá lugar en Madrid nas vindeiras semanas. Os Premios Talento da Academia de Televisión son propostos polos académicos e votados pola Xunta Directiva.