O seu traballo no filme As bestas valeulle ao compostelán LuÃs Zahera facerse co galardón ao mellor actor de reparto nos Premios Feroz. A Asociación de Informadores Cinematográficos de España entregou una noite deste sábado 28 de xaneiro estes galardóns en Zaragoza.
O filme As bestas obtivo ademais os recoñecementos a mellor filme dramático e a mellor banda sonora orixinal. O premios Feroz están considerados como a antesala dos Goya na industria cinematográfica estatal.
Pola súa banda, a actriz compostelá Patricia Vázquez foi recoñecida polo Concello de Padrón co Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva. O xurado recoñeceu con este premio "o traballo dunha das actrices cunha traxectoria máis destacada no teatro e no audiovisual galegos".
Ademais da súa actuación recente en O porco de pé, o xurado valorou o "dominio actoral da comedia a través do manexo do ritmo e dos tempos, asà como da oralidade da lingua", ademáis da súa "capacidade diversa de rexistros, sempre cun sólido compromiso coa escena galega".
Lorena Couso, Inma López Silva, Carlos Caetano Biscainho Fernandes, Afonso Becerra de Becerreá, Roberto Pascual; e a animadora social do Concello de Padrón, Mª Cruz Taboada, que actuou como secretaria, conformaron o xurado deste galardón.