Bea Lema gaña coa curtametraxe 'El cuerpo de Cristo' o festival de Aguilar

O xurado premia á obra audiovisual baseada no traballo que xa a fixo gañar os premios Nacional de Cómic e Castelao de Banda Deseñada

O xurado premia á obra audiovisual baseada no traballo que xa a fixo gañar os premios Nacional de Cómic e Castelao de Banda Deseñada
Imaxe de 'El cuerpo de Cristo'
A autora Bea Lema (A Coruña, 1985) gañou o premio a Mellor Curtametraxe do 37 Aguilar Film Festival grazas á adaptación audiovisual do seu premiado traballo de banda deseñada 'El cuerpo de Cristo'. Coa versión en papel, a artista gañou o Premio castelaod e Banda Deseñada en 2017 e o Premio Nacionald e Cómic en 2024 co publicación da obra por parte de Astiberri. Agora, baixo a produción da multipremiada Chelo Loureiro, de Abano Producións, a adaptación da obra ao formato audiovisual ven de obter este novo recoñecemento no certame de Aguilar de Campoo, calificador para os Premios Goya.

En 'El cuerpo de Cristo', Lema conta a historia de Adela, unha muller a quen o demo ronda e acosa. Isto faina pasar , sen éxito pola consulta dun psiquiatra e o único lugar que atopa para que a súa realidade sexa escoitada é a relixión e os ritos populares. O galardón sitúa así a esta curtametraxe de animación como máxima vencedora da edición 2025 do AFF. O xurado considerou que ‘El cuerpo de Cristo’ merecía o máximo galardón do certame "por achegar unha visión cargada de tenrura e lirismo a unha cuestión tan delicada como a saúde mental das mulleres en tempos de ditadura, e facelo sin restarlle un ápice de profundidade e simbolismo desde unha técnica, como o bordado, que en moitos casos, ocupaba gran parte do tempo libre de aquela xeración".