Astiberri publicará en galego O corpo de Cristo de Bea Lema

Novos traballos de Pablo Carreiro, David Braña e Norberto Fernández chegan ás librarías

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Astiberri publicará en galego O corpo de Cristo de Bea Lema

A editorial vasca Astiberri anunciou a publicación en galego a obra O corpo de Cristo, obra coa que Bea Lema obtivo o Premio Nacional de Banda Deseñada en 2024. O volume conta con tradución de Ledicia Costas e permitirá coñecer na nosa lingua unha obra da que xa se puidera ler a versión preliminar coa que a autora se fixo co Premio Castelao de Banda Deseñada en 2017.

Canda a esta, está a chegar ás librarías o novo traballo de Pablo Carreiro no campo da BD. Xirarei propón un percorrido pola cultura do país a través dunha viaxe protagonizada polo propio autor e o seu can. A proposta, que chega dan man da editorial Cuarto de Inverno permite ao lector "gozar de anécdotas cotiás con moita chispa ao tempo que descobre lugares máxicos, tradicións ancestrais e personaxes entrañables".

Tamén o guionista vigués David Braña ten novo traballo, no que colabora co debuxante arxentino Pahito. Tamia y las memorias del dragón, publicado por Unrated Cómics, narra as aventuras dunha nena de 12 anos que vive aventuras nunha aldea na que se fai amiga dun dragón.

O tamén vigués Norberto Fernández, á súa vez, continúa o seu traballo na serie Historia de la humanidad en viñetas. O volume sete da colección, dedicado á crise da Baixa Idade Media, é a segunda entrega que asina neste proxecto da editorial Espiral, logo do dedicado a China.

As estas propostas súmase a reedición de Os lobos de Moeche, obra que a estreou o seu traballo Demo Editorial, que ve a luz cunha nova capa e contidos extra, entre eles a historia curta A torre dos Mouros.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astiberri, David Braña, Norberto Fernández, Castelao...