As axudas a audiolibros reparten 76.400 euros entre 19 títulos

A convocatoria para libros de lectura fácil só distribúe 12.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia deste 30 de setembro publicaba a resolución pola que se distribúen as axudas da Xunta para a edición de audiolibros e libros de lectura fácil. Dotadas cun total de 150.000 euros, a convocatoria obtivo un importante seguimento no seu primeiro apartado, pero no caso dos libros de lectura fácil unicamente outorgou 12.000 euros dos 75.000 dispoñibles.

Segundo recolle o DOG, 5 firmas diferentes reparten 76.398 euros para producir un total de 19 audiolibros. Cinemar Books, que obtivo 10.655 euros para publicar cinco títulos, e a Editorial Galaxia, que leva 10.378 para outras tantas publicacións, encabezan as concesións.

Canda a elas, Antonio Rodríguez López, con catro títulos e 9.579 euros e Técnicas & Gramaxe, con 8.241 euros para outros catro, continúan as listaxe. Edicións Xerais, que obtivo 1.895 euros para unha única publicación, fecha as adxudicacións.

Pola contra, a convocatoria dedicada aos libros de lectura fácil unicamente concedeu 12.000 euros do seu orzamento de 75.000. Técnicas & Gramaxe, que obtivo candaseus 4.000 euros para publicar dúas obras, e Mundo detrás del Marco, que contará con 4.000 para un único lanzamento, foron as beneficiadas.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Edicións Xerais, Editorial Galaxia, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)