O Diario Oficial de Galicia recolle este 8 de marzo a convocatoria da segunda xeira das subvencións para a edición de audiolibros e libros en lectura fácil. A liña de axudas mantén a contÃa de 150.000 euros con que naceron en 2023, malia a que nese ano unicamente se repartiron 24.848,35 euros do orzamento, un 16,5% do total, sen que ningún proxecto obtivese as axudas para o lanzamento de audiolibros.
O orzamento prevé, ao igual que en 2023, 75.000 euros en subvencións para cada unha das liñas, dos cales 35.000 corresponden á anualidade 2024 e 40.000 á de 2025. Tamén as contÃas das axudas previstas mantéñense sen mudanzas, cun máximo de 20.000 euros por editora e 5.000 por proxecto para os audiolibros e de 15.000 e 6.000, respectivamente, para as obras en lectura fácil. Cada editora poderá solicitar apoio para cinco proxectos de cada tipo.
Como principais novidades, na convocatoria para libros en lectura fácil recóllense mudanzas na distribución das valoracións, de xeito que perden peso caracterÃsticas especÃficas da obra como a extensión e o importe do proxecto. Fronte a isto, o novo baremo incrementa a puntuación para a adaptación de tÃtulos editados na nosa lingua nos últimos cinco anos, mentres mingua o peso das traducións para a nosa lingua nese perÃodo.
Tamén se reduce nesa liña a importancia da traxectoria profesional da persoa que asina a obra á hora de repartir puntuacións. De xeito similar, nos audiolibros outórgaselle menos peso ás traxectorias profesionais das persoas responsables da locución e da dirección de dobraxe. As axudas dirÃxense a empresas e poden solicitarse durante un mes a partir do dÃa 9 de marzo.