Designan Fotógrafo Histórico a Tino Martínez

A Deputación da Coruña concedeulle esta distinción

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
No acto participaron a deputada de cultura, Natividade González; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o fotohistoriador Carlos Castelao; o comisario do premio Luís Ksado, Xurxo Lobato e o propio Tino Martínez.

No acto participaron a deputada de cultura, Natividade González; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o fotohistoriador Carlos Castelao; o comisario do premio Luís Ksado, Xurxo Lobato e o propio Tino Martínez.

No marco das actividades paralelas do premio internacional Luís Ksado de creación fotográfica, a Deputación da Coruña homenaxeou no Museo do Pobo Galego, a Tino Martínez, declarándoo Fotógrafo Histórico. Esta designación anual de carácter honorífico recoñece que "cunha mirada rigorosa e honesta, Tino Martínez elevou a fotografía a ferramenta de testemuño, emoción e dignidade, construíndo co seu traballo un arquivo vivo da nosa identidade colectiva que é xanela á esencia do país", afirmou a deputada de cultura, Natividad González que tamén sinalou sobre o fotógrafo como "desde os seus comezos autodidactas, forxados no sacrificio e na disciplina, ata o recoñecemento internacional polas súas series documentais das romarías relixiosas galegas, dos nocturnos composteláns ou dos retratos de camiñantes, Martínez reivindicou a imaxe como linguaxe propia. O seu traballo é pegada dunha Galiza de tradicións e silencios, de devocións populares e espazos de pedra mollada". A semana que ven, as actividades paralelas do certame trasládanse á Coruña, onde terán lugar no Centro Ágora as masterclass con Gervasio Sánchez, fotoxornalista e Premio Nacional de Fotografía o 9 de outubro de 16:30 a 20:00 horas e, o día 10, á mesma hora, con Alberto García Alix, fotógrafo e tamén Premio Nacional de Fotografía.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Deputación da Coruña, Documentais, Identidade...