José Gestal "Cardoña", novo fotógrafo histórico da Coruña

A Deputación homenaxeou a este fotógrafo de Carral

| Santiago. Redacción | Seccións: FotografíaArteSociedade
Compartir:
José Gestal "Cardoña"

José Gestal "Cardoña"

Os familiares do fotógrafo José Gestal "Cardoña" recibiron este pasado mércores no salón de plenos da Deputación da Coruña a distinción de "fotógrafo histórico" da provincia para este profesional que exerceu no concello de Carral durante trinta anos. O recoñecemento, que é parte do premio Ksado de Creación Fotográfica que organiza anualmente a Deputación, vai dirixido a un profesional da fotografía vilega que traballou en todas as dimensións do oficio e que xa goza dun amplo recoñecemento na localidade, onde se expoñen os seus instrumentos de traballo e foi editada unha recompilación de fotografía popular, Fotos para as mil historias de Carral, na cal figuran moitas fotos realizadas por el.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Concello de Carral, Deputación da Coruña

Claves

Conceptos
Lugares