O Arquivo Vidal recibe o premio Fotógrafo Histórico da Deputación da Coruña

É a primeira vez que se lle concede este recoñecemento a unha institución

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Arquivo Vidal recibe o premio Fotógrafo Histórico da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña outorgoulle este 16 de outubro o premio Fotógrafo Histórico ao Arquivo Vidal de Laxe. O galardón, que por vez primeira se lle outorga a unha institución, recoñece "unhas coleccións que supoñen un legado histórico e que nos mostran como eran as nosas costumes e as nosas xentes noutros tempos" segundo explica a entidade provincial. A entidade destacou que este legado, que se conserva no Museo do Mar de Laxe e foi declarado recentemente Ben de Interese Cultural, "é un exemplo a imitar" desde outros concellos. O arquivo mantén preto de 67.000 imaxes tiradas desde finais do século XIX polos fotógrafos José María e o seu pai Plácido Vidal.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Ben de Interese Cultural