
Dentro dos fondos que agora se incorporan ao arquivo inclúense 150 imaxes que se atribúen a José Vidal GarcÃa, pai de José MarÃa, e non se desbota que poidan aparecer máis fotografÃas da súa autorÃa. Logo da limpeza e dixitalización dos negativos, na actualidade está a se desenvolver un proceso de retoque fotográfico que se estima durará aÃnda varios meses, ao igual que o arquivo e clasificación completa do material, que se agarda completar ao longo deste ano.
Segundo explica o Concello de Laxe, a temática das fotografÃas recuperadas é moi variada. "Vodas, bautizos e comuñóns, retratos individuais, colectivos, familiares, eventos sociais, relixiosos e polÃticos (visita de Fraga a Laxe, Visita de Beiras, Visita do expresidente Laxe, mitins...), acontecementos deportivos (fútbol, vela...), oficios, actividades portuarias, patrimonio cultural (pazos, igrexas, dolmenes,....), festas, orquestras, salas de festas, as praias e os bañistas, casas, .....etc". Con Bergantiños e Soneira como áreas máis representadas, as imaxes inclúen escenas da Cidade da Coruña e da zona sur da Costa da Morte (MuxÃa, Fisterra e Corcubión).
Na nota de presentación destacan que "as fotografÃas de José MarÃa Vidal Eiroa están influenciadas polo seu pai José Vidal GarcÃa e avó Plácido Vidal DÃaz, pero non chegando a mestrÃa dos seus devanceiros. Hai moitos momentos de xenialidade e brillantez na toma das fotografÃas, pero é un fondo moi curioso e moi interesante para comprender os cambios na nosa zona nas catro últimas décadas do século XX".