O Arquivo Histórico Provincial de Lugo amosa a historia da cidade en fotografías

Catrocentas imaxes de José Vega compoñen A cidade e as xentes

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Co título A cidade e as xentes. Lugo 1970-1975 o Arquivo Histórico Provincial de Lugo abría este 16 de xuño unha exposición de fotografías históricas de José Vega sobre a Cidade da Muralla. Un total de 400 imaxes fan parte deste proxecto que se integra nas celebracións do Día dos Arquivos.

A iniciativa, que se pode ver ata o vindeiro 31 de decembro, amosa a evolución da cidade das murallas e dos seus veciños ao longo da primeira metade dos anos 70 mediante os traballos deste fotógrafo, que comezou o seu traballo en Lugo na década dos 40. Esta mostra completa unha serie de exposicións sobre os fondos deste profesional, cuxos fondos se custodian no Arquivo, e que comezou en 1995.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Cidade da Muralla, Exposicións

Claves

Conceptos