Unha exposición recupera as fotografías do Prestige

Nunca Máis, a rebelión dun pobo pode verse no Museo Provincial de Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Fotografía de Nunca Máis, a rebelión dun pobo

Fotografía de Nunca Máis, a rebelión dun pobo

Esta mañá abría as súas portas no Museo Provincial de Lugo a exposición Nunca Máis, a rebelión dun pobo. O proxecto, comisariado por Uxío Breogán Diéguez, recolle as imaxes de oito fotógrafos arredor da catástrofe do Prestige e da mobilización social que a seguiu. Alexandra Cabana, Xan G. Muras, Miguel Muñiz, Alfonso Rego, Xaquin Soliño, Begoña Carballo, Miguel Castro e Xulio Rei cederon as súas imaxes a este proxecto, que se poderá ver ata o vindeiro 15 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, Museo Provincial de Lugo, Miguel Muñiz, Breogán...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares