Co título Ruibal. Azul Inmenso Atlántico o Museo Provincial de Lugo acolle ás 19h deste 13 de agosto a inauguración da súa nova exposición. A obra máis recende do pintor e escultor Manuel Ruibal protagoniza a nova proposta do centro, con comisariado de Antón Castro, que estará aberta ata o vindeiro 24 de agosto.
O proxecto "cuxo título nace dos versos dun poema do mesmo artista, ten como obxectivo amosar a obra de Manuel Ruibal dos últimos anos, apéndice dun proxecto de máis de 60 anos de traballo". As esculturas policromadas que compoñen o proxecto artéllanse en dúas instalacións, unha primeira que escolma obras da serie Sobre o mar e a segunda que recolle a serie O debuxo na palabra (Aforismos), acompañadas dun audiovisual sobre o autor.
Segundo sinala Antón Castro na presentación do proxecto, Ruibal, nado en Pontevedra en 1942, revive nesta selección de obras "os momentos intensos da natureza a través dos seus mares, facendo que o cotián se volva transcendente a través da observación e da imaxinación". O comisario sinala que a mostra "céntrase nun percorrido tan simbólico como real que o autor vive física e emocionalmente ao longo dos anos, desde que experimentara as súas primeiras experiencias informalistas e abstractas no mar de San Vicente, ao principiar os anos 70 do século pasado".