
O proxecto amosa obras realizadas entre 1969 e 2021 en diferentes formatos e entre as que se inclúen creacións plásticas, debuxos e bosquexos. Nas pezas seleccionadas destaca un debuxo que o artista realizou con só 10 anos a retratar a Catedral de Santiago. A escolma acolle tamén pezas que fan referencia a obras doutros artistas como o pintor Antón Lamazares ou o escultor Francisco Leiro.
Segundo apuntou o conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, na inauguración da mostra, Quintana Martelo supón "un referente para unha xeración enteira de artistas" e salientou que "as súas obras contribuÃron a renovar o imaxinario visual de Galicia cunha combinación da tradición pictórica e da ruptura creativa".
A coincidir coa inauguración da mostra, o Museo do Gravado presentou un libro sobre a mesma que conta cunha tiraxe limitada de oitenta exemplares.