O Museo Provincial de Lugo ven de abrir a mostra dedicada a Albino Fernández (La Habana, 1921- Buenos Aires, 2014), na que se pode coñecer o traballo deste artista, fillo da emigración galega a América. Ata o 15 de setembro poderá visitarse esta exposición, que reúne máis dunha vintena de gravados que percorren a súa vida artística. A mostra está producida polo Museo de Artes do Gravado Estampa Dixital de Ribeira e conta coa colaboración do Consulado Xeral da Republica Arxentina en Vigo. O proxecto está comisariado por Xoan Pastor Rodriguez Santamaría -director do Museo do Gravado- e Carlos L. Bernárdez, autores dos textos do catalogo desta mostra. A exposición conta ademais con vídeo producido para a súa exhibición en sala elaborado polo documentalista Xan Leira.
O pintor e gravador Albino Fernandez naceu en Cuba, fillo de galegos da provincia de Lugo que aos oito anos, en 1929, o trouxeron de volta a Galiza, en concreto para aldea paterna de San Pedro de Viana (Chantada). A seguir, os pais emigraran Arxentina para despois, en 1932, facer chegar o menino Albino a Bos Aires, reuníndose a familia. Segundo explican os comisarios da mostra, a formación artística de Albino Fernández vai facerse nun contexto cultural porteño marcado a grandes trazos por dúas tendencias plásticas, por dúas maneiras de entender a acción artística desde a contemporaneidade: unha, a dunha modernidade avanzada, e a outra, a da vangarda abstracta. Todo este labor plástico hai que poñelo en relación co traballo docente, xa que despois da experiencia de Tucumán, será profesor en Buenos Aires na Escuela de Artes Gráficas, na Escuela Nacional de Bellas Artes e no Instituto Argentino de Artes Gráficas. No entanto, o máis destacado será o seu papel na creación do Club de la Estampa en 1965 unha iniciativa excepcional que reuníu aos principais gravadores arxentinos para favorecer a creación de coleccións de obra gráfica para un publico amplo.