O Museo de Lugo presenta a primeira retrospectiva de Siro

A mostra, que abrangue diferentes disciplinas, pode verse ata o 5 de novembro

26/9/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Onte abría as súas portas do Museo Provincial de Lugo SIRO. Retrospectiva, 1970 – 2017. A o vindeiro 5 de novembro pode verse esta mostra, primeira retrospectiva que se lle dedica a este creador. O proxecto recolle traballos das diferentes disciplinas que ten cultivado Siro López desde a súa presentación na revista Chan. Debuxo, deseño, pintura, a literatura ou mesmo traballos realizados nun tabletatópanse nunha ampla exposición de 70 obras. A completar esta escolma, os demais museos da Rede Provincial, os de Tor (Monforte), San Paio de Narla (Friol) e Provincial do Mar (San Cibrao), acollerán cadansúas mostras de caricaturas do autor, un xénero do cal só se poden ver dous exemplos na exposición da capital.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Museo de Lugo, Siro López, Debuxo...

Claves

Protagonistas
Lugares