A Deputación de Lugo homenaxea a Díaz Castro cunha exposición

A institución ten en marcha ao longo de todo o mes o programa Maio de ingua

13/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaExposicións
Compartir:

A Capela de Santa María, en Lugo, acolle desde onte a exposición Unha insua para Díaz Castro, proxecto co que a Deputación Provincial lembra o autor homenaxeado no Día das Letras. A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentaba onte esta iniciativa, que recolle o traballo de creadores de diferentes disciplinas como Marcos Ladra, Ramón Villar ou Rut Balbís, arredor do poeta de Guitiriz. Artesanía, danza, instalacións audiovisuais e fotografías intégranse para achegar “unha mirada peculiar sobre o universo do autor”, asegurou Polín. A mostra que estará na capela durante dúas semanas, poderá verse con posterioridade no Centro de Artesanía e Deseño da Cidade da Muralla onde ficará instalada de xeito permanente.

En paralelo, a vicepresidencia primeira da Deputación está a desenvolver ao longo de todo o mes o programa Maio de lingua. Concertos, proxeccións, presentacións de libros, foliadas e actividades na rúa compoñen o programa.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Deputación de Lugo, Danza, Deputación Provincial...