Unha proposta artística conecta museos de Lugo con outros de Murcia e León

Trátase dun proxecto estatal onde cada centro escolle tres artistas da súa comunidade

31/1/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Pazo de Tor (Monforte), o Museo Provincial de Lugo, o Museo do Mar (San Cibrao) e o Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol) desenvolverán de xeito conxunto un programa de arte e xénero. Unha proposta de ámbito estatal que desenvolve a firma Medusa Medición co respaldo do Ministerio de Cultura e na que están implicados outros centros de Murcia e de León. A proposta pretende afondar na imaxe que a arte ofrece das persoas en función do seu xénero. O proxecto chámase Quen lle dá a volta á tortilla. Homes, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais e cada centro escolle tres artistas da súa comunidade para reinterpretar as súas obras. O formato desenvólvese mediante un obradoiro aberto ao público (un custe de 20 euros) e unha intervención itinerante.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Museos, Murcia, León...