A apertura do museo do mar retrásase outra vez ata outubro

Forma e fondo dos museos

O Museo do Mar non abrirá as portas ó público ata outubro. Iso de entrada. O proxecto acaba de sufrir un novo retraso, pero esta vez non se debe ás obras de construcción (que xa están rematadas), senón porque non se ten claro aínda con que tipo de fondos se vai a encher este centro. De feito, a encargada do proxecto museístico do Museo do Mar acaba de convocar unconruso internacional para desenvolver en que se vai a especializar o centro. E máis museos, a limpeza "estética" do CGAC e os 25 anos do Museo de Arte Sacro de Monforte.

Museo do mar




As obras que albergarán ó Museo de Mar de Vigo xa concluiron, pero no se abrirá ata que non se teña definido que se vai a exhibir dentro das súas instalacións. E para definilo, a directora do proxecto museístico Paloma Acuña, rodeouse dun comité de expertos para definir o contido dos museos. Uns membros que se deron a coñecer onte: o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga; Xohán Carmona, catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago; Pablo Carrera, do Instituto Español de Oceanografía de A Coruña; Vicente Caramés, arqueólogo; Emilio Fernández, da Universidade de Vigo; Uxío Labarta, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo; Javier Pereiro, director xeral de Recursos Marítimos da Xunta e Carmela Porteiro, do Oceanográfico de Vigo.
De momento a información que se vai obtendo deste centro é bastante escasa, como tamén o é a información que recibiu a Universidade a unha proposta que lle remitiu para colaborar co este centro.
Polo demais, a principal idea da museóloga é a de adicar este Museo do Mar á pesca, de forma que se ofreza unha visión do mar como fonte de recursos.














Outros museos


Mentres o Museo do Mar de Vigo ultima a súa proposta, temos que non é o único centro que se converte en novidade estes días. De feito, o Museo e Arte Sacro celebr os seus 25 anos. Fundado en 1977, e interese do profesor Manuel Chamoso Lamas, este centro convertiuse nun dos referentes da arte sacra hoxe en día (segundo o propio profesor só está superado por o das "Descalzas reais de Madrid". Sen embargo as estatísticas non demostran a súa importancia (as visitas ronda ás 2.500 entrada anuais). Entre as reliquias que se poden apreciar en Monforte está o sangue que derramou un crucifixo ferido por un xudío en Xerusalém, acompañado dunha autentificación do ilustre Dr. Ambrosio abad do Monte Casino, a 27 de novembro de 1599.





Limpeza estética


E o CGAC muda a súa fachada, e iso que os tons de humidade estaban perfectamente calculados polo seu arquitecto, o portugués Siza, quen consideraba que isto contribuía a reforzar o seu "efecto estético". Un feito que terá que volver a agardar, logo de concluisen as tarefas de limpeza, xa que o edificio non padece de ningún tipo de filtración.