O Museo de Arte Sacra de Monforte ampliarase 150 m2

O centro contará con catro salas máis e un novo proxecto museográfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

É cuestión de días que se poña en marcha o proxecto de ampliación do Museo de Arte Sacra de Monforte. A iniciativa, que conta con 300.000 euros da Convocatoria de Proxectos de Colaboración da Fundación Barrié 2006/2007, iníciase logo de que a Deputación de Lugo achegase 83.000 euros máis para a construción dun almacén anexo ao convento das Clarisas, onde se sitúa o centro. O proxecto prevé recuperar catro estancias, o que permitirá amosar en 175 metros cadrados fondos bibliográficos, unha porta tallada, esculturas, e outros obxectos. Ao tempo, o museo inicia un novo proxecto museográfico que estará dirixido pola especialista en arte Manuela Sáez, quen tamén supervisará a obra de recuperación.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Fundación Barrié

Claves

Lugares