Os traballos gañador e finalistas do XV Premio Ksado de FotografÃa poden verse desde este 14 de outubro nunha exposición no Museo do Pobo Galego. Ata o vindeiro 14 de novembro estarán expostas as series de fotografÃas que escolleu o xurado como as mellores deste galardón que convoca a Deputación da Coruña. A exposición itinerará posteriormente por diferentes concellos do paÃs e terá tamén un catálogo propio.
Na mostra destacan as instantáneas do gañador, José Manuel López Pérez. Unha colección de imaxes que crean un relato visual sobre a viaxe das persoas refuxiadas a través das montañas de Bosnia. Canda a elas, poden verse as series "Tempos de pandemia" presentada por Brais Lorenzo, que narra este momento histórico que estamos a vivir a nivel mundial; "Horizonte de area" de Javier Atienza sobre o exilio do pobo saharauÃ; "Morrer de soños" de Clemente Bernard sobre os desaparecidos na guerra civil; "Estrada descoñecida" de Jesús Caballero sobre as paisaxes da decadencia e o abandono; "Segunda pel" de Miguel Gómez Muñiz, unha serie de retratos que relacionan o ámbito profesional e privado das mulleres mariscadoras; e "A esmorga" de Jesús Madriñán, que retrata o universo da mocidade de festa na madrugada, segundo explica a Deputación da Coruña.
FotografÃas da serie gañadora do Ksado na exposición. Fonte: Deputación da Coruña