Expoñen en Zas unha selección das fotografías BIC do Arquivo Vidal

As Torres do Allo acollen esta mostra de imaxes extraídas deste importante arquivo e vencelladas á historia de Zas

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioFotografía
Compartir:
Expoñen en Zas unha selección das fotografías BIC do Arquivo Vidal

Unha moi pequena parte do Arquivo Fotográfico Vidal, fondo declarado Ben de Interese Cultural, pode verse desde onte nunha exposición organizada polo Concello de Zas e a Deputación Provincial da Coruña no espazo das Torres do Allo. A exposición '𝗭𝗮𝘀 𝗻𝗮 𝗼𝗹𝗹𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗼𝘀 𝗩𝗶𝗱𝗮𝗹' recolle 31 imaxes de entre os milleiros deste arquivo, que teñen en común o feito de amosar distintos lugares e xentes do municipio captadas polos fotógrafos Plácido Vidal Díaz e José María Vidal Eiroa dende comezos do século XX ata finais da década de 1970. O Arquivo que ten na actualidade máis de cen mil imaxes, a maioría vencelladas aos concellos da Costa da Morte, está baixo custodia do Museo do Mar de Laxe, concello que colabora nesta exposición. A mostra das Torres do Allo pode visitarse calquera día da semana xa que ata o 15 de setembro o pazo das Torres do Allo estará aberto ao público de luns a venres de 11:00 a 20:00 horas e os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 21:00 horas.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Ben de Interese Cultural, Concello de Zas, Deputación Provincial...