O Diario Oficial de Galicia de onte recollÃa a resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pola que se inicia incoación do Arquivo Fotográfico Vidal como Ben de Interese Cultural na categorÃa de colección. Segundo recolle o DOG, este fondo, que fai parte do Arquivo Municipal de Laxe, está formado por "43.475 fotografÃas en soporte plástico, 5.886 fotografÃas en vidro e 10.306 en papel, o que supón un total de 59.667 fotografÃas" realizadas por Plácido Vidal DÃaz e José MarÃa Vidal GarcÃa, pai e fillo, desde finais do século XIX ata a década dos anos 70 do pasado século.
A proposta de declaración considera que este material, maiormente vencellado ás comarcas de Soneira e Bergantiños, "constitúe un testemuño gráfico e documental de moito interese para coñecer os costumes, a paisaxe, os oficios, a pesca, a vida polÃtica e social, a moda... desta zona da Costa da Morte" e que posúe unha grande "importancia como fonte de información, tanto para a realización de estudos da evolución da propia técnica ao longo do tempo como para a realización de estudos de historia económica, polÃtica, social, de historia da arte ou das mentalidades".