Os Malvárez recibiron o recoñecemento de Fotógrafo histórico

A Deputación da Coruña homenaxeou os responsables desta firma muradá

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Fotografía dos Malvárez. Fonte: Deputación da Coruña.

Fotografía dos Malvárez. Fonte: Deputación da Coruña.

Juan e a súa filla Perpetua Malvárez, que desenvolveron a súa actividade profesional baixo o selo Foto Malvárez, foron galardoados pola Deputación da Coruña co recoñecemento Fotógrafo histórico. A vila de Muros acolleu este tres de outubro o acto de homenaxe, ao que asistiu Perpetua.

Segundo explicou o deputado de Cultura, Xurxo Couto, "baixo o selo Foto Malvárez está recollida a memoria social e as memorias familiares e particulares de toda unha comarca ao longo de practicamente un século". Sinalou ademais que as obras dos homenaxeados atópanse en transición "entre as herdanzas decimonónicas e os novos estilos de comezos do século XX, no caso do Juan Malvárez; e na transición do branco e negro cara a cor e cara novas incorporacións técnicas propias do auxe e popularización da fotografía, no caso de Perpetua Malvárez".

Esta é a segunda ocasión en que o recoñecemento recae nunha muller, da que Couto sinalou que "cando iniciou a súa traxectoria profesional se erixiu, con modestia pero con determinación, nunha sorte de pioneira en desempeñar un traballo aínda vinculado exclusivamente aos homes."

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Muros, Xurxo Couto, Fotografía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares