Unha mostra didáctica repasa a produción de videoxogos en galego

A Universidade de Vigo pon na rede este proxecto que visitará institutos da provincia de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Unha mostra didáctica repasa a produción de videoxogos en galego

Dar conta dos videoxogos que están dispoñibles na nosa lingua, tanto por se teren elaborado no noso país como por contar con traducións. Esta é a proposta de O videoxogo en galego, exposición que abría as súas portas este 1 de outubro no IES Politécnico de Vigo e que percorrerá diferentes centros de ensino secundario da provincia de Pontevedra.

A mostra, que está dispoñible en liña, é unha iniciativa do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo comisariada por Óscar Ferreiro Vázquez, Ramón Méndez González e José Yuste Frías. O proxecto fai un percorrido por 28 títulos dispoñibles no noso idioma, desde éxitos internacionais como Minecraft a proxectos como o Wordle. Canda a estes, títulos históricos realizados no noso país como O misterio das 7 pezas, The Waylanders ou A aventura máxica de merliño. Para alén dos paneis físicos, a mostra combina pezas expositivas físicas e dixitais, materiais informativos e un catálogo divulgativo interactivo dispoñible a través dun código QR. A súa presenza nos centros complementarase con obradoiros, charlas e unha narrativa interactiva "deseñada para traballar aspectos culturais e lingüísticos de forma lúdica e creativa", segundo sinala a organización.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Universidade de Vigo, Tradución, Ensino...