Co título de Voute preservar, miñoca! a Universidade de Vigo celebra este venres 15 unha xornada que integra videoxogos en galego e arqueoloxía. O edificio Redeiras acolle este encontro co que fecha a exposición Arqueoloxía dixital galega.
O programa inclúe un encontro cos responsables do equipo UVigo SpaceLab, que se dedica "ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais". Unha zona de videoxogos retro en galego, un hackaton para crear guións de videoxogos, un campionato de Dragon Ball Z e un adestramento de deportes dixitais a cargo de Tomás Leis Bravos, do equipo Valorant , canda a unha sesión do xogo Entre nós para familias fan parte do programa.
O evento contará tamén coa presenza do actor de dobraxe Julio Lorenzo, que lle puxo voz a Son Goku, e mais do especialista en tradución para a industria do videoxogo José Yuste, que falará sobre traducir e paratraducir os videoxogos en Galicia.
En paralelo, a Fundación Carlos Casares anunciou a quinta xeira da súa xornada sobre Videoxogo e Literatura, que se celebran entre o 28 e o 30 deste mes no edifico do MARCO. O programa contará coa presenza de Youtubers como Elesky e de creadores galegos de xogos indie como Carlos Dorayo (Qar), Gerardo Borjes (Aureole) e máis Elena Figueiro (Umbra).
Dúas conferencias sobre as posibilidades de estudar para crear videoxogos no noso país, canda a outras sobre financiamento de proxectos ou comunicación estarán presentes na xornadas, ao igual que encontros sobre deseño de diálogos e dobraxe.
A relación entre manga, cosplay e xogos de mesa ou unha mesa sobre "Lingua, cultura e novas formas de lecer" coa youtuber Rebeca Álvarez, a xornalista María Foscaldo e o tradutor Fernando Moreiras fan tamén parte do programa.