Unha xuntanza en Ourense serviu onte para constituir a Rede do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), formada por este centro e polos cinco primeiros institutos creados en Galicia. AsÃ, os centros Salvador de Madariaga da Coruña, XelmÃrez I de Compostela, Lucus Augusti de Lugo, Sánchez Cantón de Pontevedra e Otero Pedrayo de Ourense súmanse ó MUPEGA para difundir o patrimonio histórico relacionado co ensino que se garda nestes centros. Outro museo que achega novidades é o Museo do Mar de Vigo, que abrirá as súas portas a finais de xullo cunha mostra sobre a batalla de Rande.
Institutos-Museo
Dous anos despois da creación do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), dependente da ConsellerÃa de Educación, vén de porse en marcha a Rede do MUPEGA, na que participan os cinco institutos máis antigos do paÃs. AsÃ, o Salvador de Madariaga da Coruña, XelmÃrez I de Compostela, Lucus Augusti de Lugo, Sánchez Cantón de Pontevedra e Otero Pedrayo de Ourense, creados todos eles a mediados do século XIX, aportarán os seus fondos para organizar exposicións de material pedagóxico.
O primeiro paso nesta rede será a catalogación das pezas conservadas en cada centro, que van desde a Enciclopedia de Diderot a mapas, esculturas e coleccións de fósis e de animais disecados. A continuación habilitarase en cada un dos institutos unha sala para expor este material, que en moitos casos atópase en almacéns. Finalmente realizaranse intercambios de material entre os centros. Deste xeito téntase que tanto os alumnos coma os investigadores poderán coñecer de primeira man a evolución dos métodos pedagóxicos nos últimos cen anos.
A iniciativa do Museo Pedagóxico de Galicia e da rede de centros vén de ver como en Baleares nace unha iniciativa semellante que segue o modelo galego.
Rande no Museo do Mar
A pesar de que non será o comezo da súa actividade regular, o Museo do Mar inaugurarase este verán cunha mostra sobre a batalla de Rande que estará aberta ata novembro co tÃtulo "Rande 1702: Arde o mar". A apertura, prevista para o dÃa vintecatro de xullo, pretende aproveitar a afluencia turÃstica do verán e facer patÃcipe o museo dos actos do terceiro centenario da batalla.
O Consorcio Zona Franca encaragou á empresa Rey de Oros a organización desta mostra, que conta co asesoramento de historiadores, arqueólogos, xeógrafos, biólogos e outres especialistas.
A mostra ocupará novecentos metros cadrados na nave principal do complexo e estará divida en tres seccións. A primeira delas, co tÃtulo de "A carreira de Indias, as flotas da prata" contextualizará a batalla na súa época, explicando a importancia do comercio con América, as técnicas de navegación e de construcción naval e a composición da flota da prata. A segunda sección, "Mirei as naves arder", inclúe unha reconstrucción en tres dimensións da batalla e os aspectos técnicos e humanos do enfrontamento, asà coma información histórica sobre a situación de Galicia na época e sobre a Guerra de Sucesión.
Finalmente a terceira sección da mostra, "Unha historia submarina" centrarase nos restos dos galeóns mergullados na RÃa de Vigo, incluÃndo información sobre a arqueoloxÃa submarina e facendo referencia a Jules Verne e á súa relación coa rÃa. A mostra contará con fondos cedidos por centros tan prestixiosos coma o Rijksmuseum de Amsterdamn, a Biblioteque Nationnale de Paris , o National Martime Museum de Greenwich ou o Arquivo de Indias de Cartagena.
Esta fin de semana coñecemos tamén a primeira actividade do Museo do Mar, a edición do catálogo da mostra pictórica DragonmanÃa. Esta mostra, realizada en Cascais, recolle a obra de tema marÃtimo do pintor e navegante Ramón Lastra.