Adxudican os traballos arqueolóxicos de Santa Clara por 311.000 euros

O proxecto de escavación arqueolóxica no convento é preciso para afrontar a rehabilitación integral

  • A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación á empresa Citania do contrato do servizo de escavación arqueolóxica do convento de Santa Clara, cun investimento que ascende a preto de 311.000 euros, unha cifra moi por riba ...

Os Foros Grial debaten ao redor da comunicación e das novas tecnoloxías

Celébranse esta tarde do martes na Fundación Penzol de Vigo

  • Os Foros Grial 2050 que celebran o 75 aniversario da editorial Galaxia continúan esta tarde do martes 7 de outubro en Vigo. Desta volta, a Fundación Penzol acollerá a sesión sobre "Comunicación e novas tecnoloxías: desafíos para os novos tempo...

Nelson Yeo resulta gañador do premio internacional do Intersección

O festival de cinema da Coruña fechaba este día 4 a súa última edición

  • O Festival Internacional de Cine da Coruña, Intersección, fechaba portas este sábado 4 de outubro coa entrega dos seus galardóns. O director Nelson Yeo, de Singapur, impúxose co filme Durian, durian na competición internacional pola súa combin...

O Ciclo Poetas Di(n)versos comeza hoxe con Marga Tojo e a ucraína Halyna Kruk

Esta 17ª edición conta con tres citas que reúnen a poesía ucraína, india e arxentina coa galega

  • A 17ª edición do Ciclo de poesía Poetas Di(n)versos da Coruña dará comezo hoxe no auditorio do Centro Ágora cun primeiro recital que reunirá á poeta santiaguesa Marga Tojo coa ucraína Halyna Kruk (Lviv). Comezará con elas un trimestre no qu...

Ana Gesto faise co XIX Certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas

A creadora compostelá obtivo o premio de 6.500 euros na convocatoria da Deputación da Coruña

  • A artista visual Ana Gesto fíxose neste 6 de outubro co primeiro premio do XIX Certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas. O xurado do galardón que convoca a Deputación da Coruña seleccionou a obra Intervalo 2024 da creadora compostelá. O cer...

Producións Excéntricas recupera Monstros en homenaxe a Piti Sanz

Marcos Orsi ocupa o posto do falecido músico nesta montaxe para público infantil

  • O auditorio de Tomiño acolle este domingo 5 de outubro unha nova función de Monstros , espectáculo de Producións Teatrais Excéntricas galardoado co premio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil. A compañía inicia deste xeito unha nova x...

A danza contemporánea toma A Estrada co festival 6coreógrafas

Celebra a súa quinta edición venres e sábado con espectáculos e actividade formativas

  • O festival de danza e artes do movemento 6coreógrafas celebrará a súa quinta edición os días 3 e 4 de outubro na Estrada cunha ampla programación de espectáculos e actividades formativas que consolidan o encontro como un referente desta discip...

A RAG dedícalle ao mar a súa X Xornada de Onomástica

O encontro desenvólvese este 4 de outubro no Museo de Pontevedra

  • O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acolle este sábado 4 de outubro a décima xeira da Xornada de Onomástica Galega. A Real Academia Galega organiza este encontro, dedicado nesta ocasión aos nomes do mar, un patrimonio que a entidade advirt...

Blanca Millán gaña o 1º Premio ao Libro Informativo para a Rapazada

Este novo certame convocado por GÁLIX premia proxectos de textos informativos en galego

  • A convocatoria inaugural do Premio ao Libro Informativo para a Rapazada ven de pecharse coa designación do proxecto gañador. ' Ferramentas básicas para ser artista' é o título do proxecto vencedor, asinado por Blanca Millán (Touro, 1991), que c...

O foro participativo 'Un país coa súa lingua' presenta as súas conclusións

Celébrase mañá 2 de outubro en Santiago de Compostela

  • O foro participativo 'Un país coa súa lingua' presenta as súas conclusións mañá 2 de outubro no Consello da Cultura Galega. Tratarase dunha sesión final "pensada para consolidar unha visión compartida" e "identificar e expresar as reflexións...

Carmen V. Valiña faise co Premio de Narrativa Breve Repsol

A novela 'A illa que supuraba sangue' está premiada con 12.000 euros e a edición con Galaxia

  • A xornalista Carmen V. Valiña fíxose coa XIX edición dos Premios Repsol de Narrativa Breve coa novela presentada baixo o lema 'A illa que supuraba sangue'. Segundo Fran Fernández Davila, voceiro do xurado, a bora "mergúllanos nun xogo de espello...

'Decorado' de Alberto Vázquez obtén unha Mención do xurado en Austin

A longametraxe tivo alí a súa estrea mundial e pasará agora por outros certames antes de chegar aos cines

  • 'Decorado', a nova película do premiado ilustrador e realizador Alberto Vázquez ven de obter un importante recoñecemento na súa estrea mundial no Fantastic Fest de Austin (Texas, EE.UU.). Dentro da Sección Oficial do certame internacional o xura...

A literatura volta a Santiago en outubro coa SELIC

A Semana do Libro de Compostela celebra entre os días 3 e 12 a súa primeira edición de outono

  • Unha sesión de lectura compartida na Praza de Obradoiro servía como preludio, este 28 de setembro, para a nova edición da SELIC. A Semana do Libro de Compostela inicia este 3 de outubro o programa da primeira edición que dirixe Lorena Conde e que...

Volven a 'Mover os Marcos' entre xeracións

O festival de cultura crítica celebra en Santiago a súa segunda edición

  • Diferentes espazos da capital galega acollerán, do 1 ao 4 de outubro, unha nova edición do festival de cultura crítica 'Mover os Marcos', con conversas, música e espectáculos en directo, concertos falados, humor e cuestionamento social nun encon...

Cinco idiomas poéticos convivirán co galego en San Simón

O luns comeza unha nova edición do obradoiro de tradución 'Con barqueira e remador'

  • Desde o vindeiro luns, 29 de setembro e ata o 4 de outubro, o arquipélago de San Simón acollerá a XIV edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética 'Con barqueira e remador'. Este encontro coordinado por Yolanda Castaño está organiz...

Todo listo para o 30 Ourense Film Festival

O OUFF dá comezo mañá con toda a programación das diversas seccións e varios premios honoríficos

  • A 30ª edición do OUFF • Ourense Film Festival xa está a punto de comezar e tras meses de anuncios a organización xa ven de presentar o programa completo co que comezará este venres, 26 de setembro. Dous filmes de cineastas vinculados co festiv...

O 34 FIOT acollerá a estrea de once espectáculos galegos

O festival de Carballo comeza este xoves e ofrece un punto de partida a estas producións

  • Coa apertura este xoves do FIOT na súa 34ª edición Carballo será o espazo de estrea absoluta dunha ducia de espectáculos da escena galega nas vindeiras semanas. A cita convértese así nun anticipo outonal da temporada teatral con algunhas das m...

A Cátedra Carvalho Calero potenciará o estudo da literatura galega contemporánea na USC

O espazo inauguraba oficialmente este 23 de setembro a súa actividade

  • O profesor de Literaturas Lusófonas Carlos Quiroga dirixe a nova Cátedra Institucional Carvalho Calero, que se inauguraba oficialmente este 23 de setembro. A Universidade de Santiago abre este espazo de investigación que pretende seguir as liñas ...

A Deputación de Ourense destinará 350.000 para que os menores merquen libros

Forma parte do Iº Plan de Lectura Provincial aprobado pola entidade

  • A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense ven de aprobar as bases do Iº Plan de Lectura Provincial. Esta iniciativa está dotada con 350.000 euros destinados á compra de libros e cuxos beneficiarios serán as persoas empadroadas na pr...

A Pobra do Caramiñal celebra as VIII xornadas de divulgación sobre a súa historia

O encontro A Pobra do Caramiñal no tempo celébrase os días 27 e 28 de setembro

  • Catro conferencias e unha ruta guiada compoñen o programa da VIII xeira de A Pobra do Caramiñal no tempo . As Xornadas de Divulgación sobre a Historia e a Cultura Pobrense que organiza o Concello desenvolveranse os vindeiros 27 e 28 de setembro no...