
Participarán nesta edición Louis de Paor (Cork), un dos nomes centrais da poesÃa en irlandés; a poeta, narradora e tradutora ucraÃna Halyna Kruk, cunha obra moi recoñecida fóra do seu paÃs e con presenza habitual en festivais e premios internacionais; a poeta india en lingua canaresa Reshma Ramesh; Veronika Dintinjana (Eslovenia), poeta e tradutora con experiencia en proxectos que conectan poesÃa, lectura e comunidade e Antonio Andreu Sanz (Huesca), poeta en lingua aragonesa, galardoado en certames de referencia e comprometido co impulso e visibilidade do aragonés. Integraranse nun obradoiro intensivo, colectivo e recÃproco: cada poeta verte o traballo das/dos compañeiras/os ás respectivas linguas, facendo do diálogo entre idiomas un tecido común.
Ao longo da semana celebrarase ademais un pequeno circuÃto de lecturas públicas: dúas sesións de tarde en Pontevedra e Vigo abertas á cidadanÃa (a primeira o mércores 1, ás 19:30h na pontevedresa LibrarÃa Metáfora e a segunda ao dÃa seguinte e á mesma hora, pero no local da Asociación Évame-Oroza en Vigo), máis unha actividade matinal pensada para clubs de lectura de Secundaria en Pontevedra e tamén en colaboración co seu Concello. Nestes recitais abertos e gratuÃtos combinaranse poemas nas linguas de orixe coas versións galegas preparadas para a ocasión.