Carmen V. Valiña faise co Premio de Narrativa Breve Repsol

A novela 'A illa que supuraba sangue' está premiada con 12.000 euros e a edición con Galaxia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Carmen V. Valiña

Carmen V. Valiña

A xornalista Carmen V. Valiña fíxose coa XIX edición dos Premios Repsol de Narrativa Breve coa novela presentada baixo o lema 'A illa que supuraba sangue'. Segundo Fran Fernández Davila, voceiro do xurado, a bora "mergúllanos nun xogo de espellos temporais que dunha banda nos traslada aos difíciles días da inmediata posguerra e ao mundo dos represaliados e, doutra parte, sitúanos nun presente convulso coa simbólica illa de San Simón como escenario". O xurado engadiu que a obra "está escrita cunha prosa de fino
burilado e tinturas líricas, esta narración ábrese tamén á intriga coa desesperación dunha das protagonistas, misterio que nos levará ata un final que, de seguro, lle resultará a quen lea tan sorprendente coma desacougante". Ao premio presentáronse 43 orixinais de novelas curtas. Carmen V. Valiña Carmen (Baio, A Coruña, 1985) é doutora en Historia Contemporánea, profesora na Universidade Europea Miguel de Cervantes (UEMC) e creadora e directora de PeriFéricas, Escola de feminismo as alternativos.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carmen V. Valiña, Narrativa, Fran Fernández Davila, Fran Fernández Davila...