O vigués Santiago Lopo alzouse esta fin de semana co VIII Premio de Narrativa Breve Repsol. A súa obra A diagonal dos tolos, que será editada por Galaxia, impúxose entre os 31 orixinais inéditos presentado. O xurado, composto por Dolores Vilavedra, Euloxio R. Ruibal, Mercedes Queixas e Carlos Lema, destacou o xeito no que a obra aborda os lÃmites do ser humano no marco dunha carreira de resistencia ambientada na Illa Reunión. O autor levará ademais os 12.000 euros en metálico cos que está dotado o premio, que se entregará nun acto a finais deste ano.