Gonzalo Hermo resulta vencedor do XIII Premio de Narrativa Breve Repsol

Diario dun enterro foi escolleita polo xurado e será publicada por Galaxia

26/9/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Gonzalo Hermo en 2013. Fotografía de Daniel Duarte. Fonte: AELG

A Fundación Repsol daba a coñecer onte o fallo do XIII Premio de Narrativa Breve Repsol que convoca en colaboración coa Consellaría de Cultura e está dotado con 12.000 euros. O poeta Gonzalo Hermo foi o vencedor desta xeira, con Diario dun enterro, a súa estrea no campo da narrativa que será publicada por Galaxia. O xurado destacou no seu fallo a "sinxeleza estrutural e o estilo depurado da novela, que afonda nun tema universal como son os rituais da morte e o seu impacto nos roles familiares para debuxar un personaxe protagonista que asume unha oposición ás identidades tradicionalmente atribuídas á súa orixe". Ademais apuntou o "equilibrio entre o fondo e a forma, a regularidade da construción narrativa, a veracidade dos diálogos e a honestidade da mirada que se deita sobre os personaxes" como méritos da obra. O xurado estivo composto por Anxos Sumai, Carlos Lema, Euloxio Rodríguez Ruibal, Berta Dávila e Dolores Vilavedra.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Gonzalo Hermo, Berta Dávila, Dolores Vilavedra...