Poucos dÃas despois de recibir o Premio da CrÃtica Española para narrativa en lingua galega, Berta Dávila vén de recibir outra gran noticia. A súa novela Illa decepción resultou gañadora do XIV Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega. A autora xa gañara en 2013 o galardón coa obra O derradeiro libro de Emma Olsen. A novela de Dávila foi seleccionada nunha edición na que o xurado destacou o gran volume de obras e a súa calidade. Segundo o xurado, trátase "dunha novela de auto representación, en que a autora navega polos lugares cotiáns cunha delicadeza estilÃstica posuÃda de grande elegancia ao tempo que expón ante o lectorado cuestións de fondo calado respecto da familia, das relacións interpersoais, da maternidade e da pertenza a un lugar e unha comunidade". O premio está dotado con 12.000 euros e a publicación da obra.