Os Foros Grial debaten ao redor da comunicación e das novas tecnoloxías

Celébranse esta tarde do martes na Fundación Penzol de Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Os Foros Grial debaten ao redor da comunicación e das novas tecnoloxías

Os Foros Grial 2050 que celebran o 75 aniversario da editorial Galaxia continúan esta tarde do martes 7 de outubro en Vigo. Desta volta, a Fundación Penzol acollerá a sesión sobre "Comunicación e novas tecnoloxías: desafíos para os novos tempos", que está coordinada por Víctor F. Freixanes e Llerena Perozo, e que abren a sesión ao redor da globalización. Na xornada participan Manuel Gago, que falará sobre oportunidades e desafíos para a cultura e a lingua galega na rede, Silvia Vázquez sobre a cultura e a realidade social galegas fronte á omnipresenza do diital, María Yáñez sobre o reto da relevancia social na cultura do algoritmo en relación aos medios. A xornada rematará con Alberto Quián, quen disertará sobre "Galicia: cara unha nación dixitalmente soberana".

Que che parece esta nova?
148 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: GRIAL 238

Quiosco: GRIAL 238

A publicación celebra o seu 60 aniversario poñendo o foco no contexto da súa creación en 1963

Quiosco: Grial 197

Quiosco: Grial 197

Os cincuenta anos da Fundación Penzol protagonizan a nova entrega da revista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grial, Fundación Penzol, Vigo, Manuel Gago...