Quiosco: Grial 197

Os cincuenta anos da Fundación Penzol protagonizan a nova entrega da revista

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Quiosco: Grial 197

A editorial Galaxia acaba de presentar a entrega 197 de Grial. Centrado nos 50 anos da Fundación Penzol, o volume achega textos de María Dolores Cabrera e Xesús Alonso Montero sobre os fondos e a importancia desta entidade, un repaso dos seus retos de futuro a cargo Francisco Domínguez Martínez, director da Fundación, así como a conversa que Henrique Monteagudo e Ramón Villares mantiveron con Fernando Bouza, catedrático de Historia Moderna da Universidade Complutense e recoñecido especialista en patrimonio bibliográfico. Ademais, a publicación aborda outras cuestións de actualidade e mantén as súas habituais seccións de crítica e creación, entre outras. A revista presentarase este venres a coincidir coa inauguración da mostra 50 aniversario da Fundación Penzol na Casa Galega da Cultura de Vigo ás 12:30.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: GRIAL 238

Quiosco: GRIAL 238

A publicación celebra o seu 60 aniversario poñendo o foco no contexto da súa creación en 1963

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Penzol, Grial, Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo...