Xesús Alonso Montero doa fondos sobre a súa oratoria á Fundación Penzol

Os documentos recollen conferencias e intervencións do catedrático nos últimos vinte anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xesús Alonso Montero. Fonte: RAG

Xesús Alonso Montero. Fonte: RAG

Este 5 de febreiro a Fundación Penzol e Xesús Alonso Montero asinan o convenio polo que a entidade recibirá a cesión de dous fondos do catedrático de Literatura Galega e membro da Real Academia Galega. Os documentos recollen os textos e notas de diferentes intervencións públicas realizadas por Alonso Montero entre 2004 e 2024.

De xeito mais concreto, o primeiro destes legados é a colección Sesenta e sete alocucións: discursos, conferencias, charlas, improvisacións... (2014-2018). Esta doazón, que se realiza en conxunto entre o profesor e Carmen Blanco Ramos, que realizou a transcrición destas pezas, consta dun total de 1.052 folios, organizados en catro tomos. Catorce destas intervencións foron recollidas no libro Palabras para o noso tempo, que publicou Alvarellos en 2024.

A segunda parte da doazón é o fondo Trinta e unha conferencias (2004-2024), no que Xesús Alonso Montero achega os programas das palestras e guións detallados, en moitos casos complementados con notas e textos breves para o seu desenvolvemento.

A Fundación Penzol custodiará este material na Casa Galega da Cultura, en Vigo. No acto de cesión participarán Carmen Blanco Ramos e Xesús Alonso Montero canda a Manuel Puga Pereira, presidente, e Malores Villanueva, secretaria da Fundación Penzol.

Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Quiosco: Grial 197

Quiosco: Grial 197

Os cincuenta anos da Fundación Penzol protagonizan a nova entrega da revista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Alonso Montero, Fundación Penzol, Literatura, Real Academia Galega...