Neste número Grial pon o seu foco no ano 1963, o da súa creación e o dunha serie de fitos históricos nos que a figura de Francisco Fernández del Riego ten especial relevancia. Ese ano, aqueles galeguistas que fundaron en 1950 Editorial Galaxia, botan a andar a Fundación Penzol, o arquivo privado máis relevante do paÃs. Neste núemro Xosé Manuel Dasilva e Francisco DomÃnguez achégannos aspectos diferentes da Fundación: Dasilva dá claridade sobre a súa orixe e DomÃnguez, director durante anos da Penzol, lévanos ao grupo cultural O Castro e a súa relación coa Fundación.
Nese ano tamén, Fernández del Riego propón á RAG a creación do DÃa das Letras Galegas, a iniciativa civil máis importante arredor da nosa lingua. A xornalista, Ana Abelenda, deita a súa ollada sobre a efeméride, onde toca aspectos para a polémica, sempre necesaria.
Este número de GRIAL recolle tamén o diálogo entre a escritora e académica MarÃa López Sández, VÃctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo (codirectores dende 2002 a 2019, e Monteagudo director actual), xunto co director da Fundación Penzol, Xosé Manuel Soutullo, secretario do consello de redacción de GRIAL de 1989 a 2019, quen abren a porta do proceso de modernización da revista nestes anos.
O número complétase con outros traballos, como o de "Temas do Noso Tempo", de Minia Monteagudo Vilavedra, arredor dos desafÃos que nos formula a intelixencia artificial. Henrique Monteagudo asina un texto para o debate co gallo dos corenta anos da aprobación, por unanimidade, da Lei de normalización lingüÃstica de Galicia (1983). Engádense unha "autopoética" dunha das nosas autoras máis celebradas, Fina Casalderrey; o artigo Beatriz Liz de Cea, sobre as relacións entre Del Riego e a arte galega; e, na sección de Música, F. Fdez. Rego asina un traballo sobre os 50 anos de Fuxan os Ventos, ademais das habituais seccións na revista.