Nelson Yeo resulta gañador do premio internacional do Intersección

O festival de cinema da Coruña fechaba este día 4 a súa última edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Momento da entrega de premios no Festival Intersección. Fonte: Intersección

Momento da entrega de premios no Festival Intersección. Fonte: Intersección

O Festival Internacional de Cine da Coruña, Intersección, fechaba portas este sábado 4 de outubro coa entrega dos seus galardóns. O director Nelson Yeo, de Singapur, impúxose co filme Durian, durian na competición internacional pola súa combinación de "experimentación estética e reflexión política". O xurado outorgou ademais nesta categoría unha mención especial para Real Faces Leni Huyghe, que tamén foi recoñecida co Premio do Público.

Na Curtametraxe Española da Sección Internacional, o galardón foi para La nostra habitació de Jaume Claret Muxart, mentres a mención recaeu en La sangre, de Joaquín León.

O Premio do Xurado da Sección Galicia, pola súa banda, recoñeceu Deuses de pedra, de Iván Castiñeiras, "pola súa capacidade de preservar a memoria e transformar o íntimo en universal". Houbo unha mención para Un sueño de una noche, que tamén obtivo o recoñecemento do Xurado Novo, dirixida colectivamente por Sandra Iglesias González, Claudia de la Iglesia Díez, Bárbara Portilla Santana e Marina Fornies Briceño.

Na Sección Fulgor, o xurado o galardón levouno Algunos recuerdos (no) son míos, de Rebecca Tolosa Gilroy, con mención para O costume do traballo, de Luis Morla. O Premio NUMAX foi para Alboroque, de Sabrina Fernández Casas, "pola súa achega honesta a unha problemática comunitaria e pola súa aposta polo colectivo como camiño de esperanza fronte á destrución".

No marco de NEXUS, o espazo de industria do festival, entregáronse os premios Impronta, que achegarán un ano de asesoría aos proxectos SOS, de Nicolás Martínez; o Premio D’A a Despois de Grecia, de Irene Pin e o Premio Materna a Wólfram, de Sara Gil Méndez.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Numax, León, Grecia...