A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense ven de aprobar as bases do Iº Plan de Lectura Provincial. Esta iniciativa está dotada con 350.000 euros destinados á compra de libros e cuxos beneficiarios serán as persoas empadroadas na provincia menores de idade (nacidas desde o ano 2007). Con este plan subvencionarase a merca dun exemplar de ata 20 euros. Segundo as bases aprobadas, as adquisicións de libros realizarase entre o 15 de outubro e o 20 de decembro deste ano. Haberá unha listaxe de establecementos adheridos a este plan de lectura que será debidamente publicada, unha vez que presenten solicitude de que queren participar entre o 25 de setembro e o 10 de outubro. Con está aprobación cómprese un acordo plenario aprobado en abril deste ano. Esta campaña é similar a levada a cabo tras do confinamento polo Concello de Ourense nos anos 2020 e 2021.