As bibliotecas de Pontevedra contarán con 50.000 novos libros a través do plan da Asociación de Editores

Libros para Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un acordo entre a Asociación Galega de Editores e a Deputación de Pontevedra dotará as bibliotecas desta provincia de 50.000 novos volumes durante os vindeiros tres anos. Cincuenta centros de lectura beneficiaranse deste plan, que se atopa na actualidade en estudio por parte da institución aínda que foi acollido positivamente. Ademais, o presidente da Deputación comprometeuse a elevar de 36.000 a 48.000 os euros destinados ao convenio xa existente entre as dúas entidades.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Bibliotecas, Deputación de Pontevedra, La Voz de Galicia...