A Deputación de Pontevedra gastará corenta mil euros en comprar libros das editoriais da provincia

A Deputación vai de compras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A través dun convenio asinado pola Asociación Galega de Editores e a Deputación Provincial de Pontevedra esta entidade adquirirá libros da editoriais da asociación radicadas na provincia ata un gasto total de corenta mil euros. O convenio para a promoción do libro galego asinado polo presidente dos editores, Miguel Anxo Fernán-Vello, e o da Deputación Provincial, Rafael Louzán establece uns requisitos para a adquisición de obra editada. As editoriais Xerais, Galaxia e A Nosa Terra son, nesta orde, as tres máis beneficiadas por esta adquisición da institución provincial.

Máis información na Deputación de Pontevedra

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Editores, Deputación Provincial, A Nosa Terra...