A Deputación de Pontevedra agarda finalizar as obras do Museo Provincial en xaneiro mentres busca recursos económicos para o equipar

Buscar o interior do museo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O prazos da obra están a se cumprir e, segundo informa a Deputación de Pontevedra, o vindeiro mes de xaneiro estará a acabado o edificio do novo Museo Provincial na Capital do Lérez. No entanto, o presidente da institución promotora, Rafael Louzán, apuntou que o proxecto carece aínda de orzamento para o proxecto de interiorismo e de equipamento. Neste sentido anunciou que manterá contacto co Ministerio de Cultura e mais coa Xunta para conseguir apoios económicos cos que completar esta apartado. A deputación non descarta acudir a entidades privadas para cubrir este gasto, do que aínda non se coñece o importe total.

Máis información no web da Deputación e en La Voz de Galicia na súa edición Pontevedra

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, La Voz de Galicia, Ministerio de Cultura, Lérez