A Deputación de Pontevedra gastará corenta mil euros en libros das editoriais da provincia

Libros intraprovinciais

18/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Deputación de Pontevedra ratificou a achega anual que ven realizando dende hai máis de 16 anos ás editoriais da provincia e que supón un gasto de 40.000 euros e libros. O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán e o presidente da Asociación Galega de Editores, Alfonso García Sanmartín, asinaron onte o convenio correspondente o ano 2007 para a promoción e difusión do libro galego a través da adquisición de exemplares e a súa posterior divulgación e entrega en bibliotecas, entidades culturais, centros docentes e outros. Coa sinatura do convenio a institución provincial comprometese á adquirir exemplares de libros escritos en galego ás editoriais de Pontevedra membros da Asociación Galega de Editores. En total, o organismo provincial mercará títulos ás editoriais Nigra Trea; Nova Galicia; Kalandraka; Cumio; Ir Indo; Rinoceronte; OQO; Xerais; Tambre; Galaxia, Promocións Culturais Galegas, Xerme, Dos Acordes, Ideas Propias, Faktoría K e Gárgola.

Máis información na Deputación de Pontevedra

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Editores, Asociación Galega de Editores...