Chega ás salas a longametraxe 'San Simón'

Tras do paso por festivais pode verse esta fin de semana en cines o filme sobre o campo de concentración insular

  • A Sala NÚMAX acolle hoxe a estrea comercial do filme 'San Simón', opera prima de Miguel Ángel Delgado sobre o campo de concentración franquista da Ría de Vigo. Tras dunha preestrea onte nos Cines Tamberlick de Vigo e presentarse no Festival de S...

Coimbra acolle 10 días de cultura galega

A ‘Mostra Galiza Coimbra 2025’ ofrece espectáculos escénicos, musicais e outras actividades na cidade lusa

  • A ‘Mostra Galiza Coimbra 2025’, inaugurada onte na cidade lusa, reúne durante os vindeiros 10 días unha selección de espectáculos escénicos de produción galega e moitas outras actividades musicais, artísticas e formativas co obxectivo de c...

O Curtas Festival do Imaxinario celebra o Samaín coa súa 53ª edición

Máis de 100 filmes de 36 países, exposicións e proxeccións especiais conforman un excepcional programa de xénero fantástico

  • Colocada estratexicamente no Samaín, a 53ª edición do Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa desenvolverá, do 24 de outubro ao 2 de novembro, unha ampla programación con máis de 100 filmes de 36 países en formato curtametraxe e...

A resistencia cultural dos Estudios Abertos en Ourense

Por segundo ano será posible visitar os espazos de creación artística da cidade e da provincia

  • Máis de 30 artistas amosarán o seu lugar de traballo e o seu proceso creativo na segunda edición dos Estudios Abertos en Ourense. Durante tres días, entre este venres, 24 de outubro e o domingo 26 poderán visitarse 19 espazos de creación artís...

Pontevedra celebra a literatura e as artes

Participan Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e Manuel Jabois

  • Co lema "Escribir o que non se di" celebrarase o 23 e 24 de outubro no Pazo Provincial de Pontevedra o evento "Pontevedra Literaria, Xuventude e Artes". Trátase dun evento que acompaña os premios provinciais á xuventude na súa modalidade de traba...

Os Premios da Industria Musical xa teñen finalistas

O último traballo de MONDRA é o máis presente con catro candidaturas a galardón

  • A primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia ca ten finalistas. Estes galardóns de nova creación promovidos desde a Asociación Galega de Empresas Musicais, AGEM recoñecerán ata un total de 17 categorías, moitas delas de cariz...

O FFoco explora os fluxos migratorios a través da fotografía documental

O festival de Fotografía da Coruña abre este venres a súa novena edición

  • Na súa novena edición que dará comezo este 24 de outubro, o Festival de Fotografía da Coruña FFoco, regresa á Fundación Luis Seoane cun programa expositivo que explora os fluxos migratorios no contexto actual, dende unha perspectiva intercultu...

'Mareas Vivas' fai de Laxe Lugar de Interese Cinematográfico

A vila engadiuse ao listado peninsular de espazos de valor no audiovisual

  • Laxe, a vila mariñeira situada no corazón da Costa da Morte, ven de incorporarse a lista de Lugares de Interese Cinematográfico (LIC) da península ibérica. O recente IXº Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península, celebrado en Ou...

Lara Dopazo, Cuarteto Quiroga e o programa Apego, entre os gañadores dos Premios da Crítica de Galicia 2025

Celebráronse este sábado en Vigo

  • Este sábado foron fallados en Vigo os 48 Premios da Crítica de Galicia, que nesta edición 2025 congregaron a setenta persoas como xurado para celebrar a creación e produción cultural galega en diferentes categorías. En Creación Literaria, o ga...

Dixitalizan un gran conxunto documental do concello de Sober

O promotor é o Centro de Estudos Históricos de Sober

  • O escritor José María Lago Bornstein é o promotor do Centro de Estudios Históricos de Sober, unha iniciativa que acaba de dispoñibilizar na rede unha gran cantidade de documentación histórica sobre este municipio da Ribeira Sacra lucense. O pr...

A Xunta presenta o Observatorio da Innovación do Patrimonio Cultural

Quere recompilar boas prácticas patrimoniais e elaborar un mapa de innovación

  • O Conselleiro de Cultura José López Campos presentou esta mañá no Museo das Peregrinacións o Observatorio da Innovación de Patrimonio Cultural, unha "ferramenta" que ten o obxectivo de "promover o estudo, o coñecemento e as actuacións innovad...

O Foro Un país coa súa lingua propón 96 medidas a prol do galego

A iniciativa do Consello da Cultura advirte que "faltan unhas condicións mínimas" para a normalización da nosa lingua

  • O Consello da Cultura Galega presentaba na mañá deste 16 de outubro as conclusións do foro participativo Un país coa súa lingua , que ao longo desde 2025 recolleu propostas para mellorar a situación do galego en diferentes áreas. O documento c...

Marcha un imperio, volven os castros

As escavacións en san Tirso de Portocelo (Xove) amosan como os antigos castros foron reocupados ao final do Imperio

  • Un xacemento arqueolóxico habitado durante moito tempo adoita ser como as capas dunha cebola, con diferentes fases temporais que se van superpoñendo. No espectacular castro costeiro de Portocelo (Xove), o equipo arqueolóxico decidiu deter a interv...

O IV Encontro de Museoloxía ICOM reflexiona en Pontevedra sobre os almacéns dos museos

Celébrase no Museo de Pontevedra entre o 16 e 18 de outubro

  • O Museo de Pontevedra acolle a partir de mañá o IV Encontro de Museoloxía de ICOM, de carácter trienal, e que se celebrará baixo o título " Coleccións almacenadas: (re)definir e (re)organizar. O desafío da sustentabilidade medioambiental e so...

Padrón celebra a I Mostra de Cinema Galego Foco

Mabel Rivera recibirá o premio de honra da nova cita o vindeiro 19 de outubro

  • Entre os días 17 e 19 de outubro o Concello de Padrón acolle a primeira edición da Mostra de Cinema Galego FOCO. A nova cita nace co obxectivo de "crear un espazo estable de encontro arredor do cinema galego", e entregará á actriz Mabel Rivera o...

O 'Labirinto' de Ramón Trigo entra na lista internacional The White Ravens

É o único libro en galego desta lista internacional de 215 obras de literatura infantil e xuvenil

  • O libro 'Labirinto. Diario de viaxe dun artista monocromo', do autor e ilustrador vigués Ramón Trigo, e publicado por Kalandraka, é o único en galego das 215 obras de todo o mundo de literatura infantil e xuvenil seleccionadas pola Fundación da ...

O 'SiSONS Enclave Musical' volve favorecer o encontro entre a industria musical e a cidadanía

Entre o 15 e 0 18 de outubro ofrecerá en Santiago xornadas para profesionais e concertos abertos

  • A quinta edición do encontro SiSONS Enclave Musical, ofrecerá do 15 ao 18 de outubro en Santiago de Compostela catro xornadas de showcases, mesas profesionais e 12 concertos, moitos deles abertos ao público. Distintos espazos da capital galega aco...

Mofa & Befa encaixan nos traxes de 'Os dous de sempre' de Castelao

Este venres estréase en Rianxo a adaptación escénica destes personaxes baixo dirección de Quico Cadaval

  • Se alguén tiña que levar á escena a adaptación teatral de 'Os dous de sempre' de Daniel Rodríguez Castelao é de xustiza que sexan o dúo cómico máis veterano do noso sistema: Mofa E e Befa. E así será, este vindeiro venres, 17 de outubro te...

Cinco estreas protagonizan a nova edición do FITO en Ourense

O Festival Internacional de Teatro achega 24 funcións á Cidade das Burgas entre o 16 e o 26 de outubro

  • O Festival Internacional de Teatro de Ourense celebra a súa décima oitava xeira entre os vindeiro 16 e 26 de outubro. O programa, que se daba a coñecer este día 8, inclúe un total de 24 funcións a cargo de 19 compañías, entre as cales destaca...

A cidadanía poderá visitar o Teatro Cine Fraga antes da súa rehabilitación

A actividade desenvolverase a partir do 15 de outubro

  • A Consellería de Cultura e mais a Deputación de Pontevedra presentaban este 8 de outubro o novo programa de visitas que permitirá coñecer o interior do Teatro Cine Fraga de Vigo. As persoas que se inscriban percorrerán catro espazos desta emblem...