
O dÃa 22 poderán verse estas montaxes, que contaron con cadansúa bolsa de creación, e entre as que o público asistente seleccionará a mellor. Na mesma xornada o festival acollerá a súa quinta estrea, a obra Cuore de Italia, na que a compañÃa galega Priscila aborda a vida de dúas tripulantes de cabina dunha liña aérea.
Canda a estas, o programa acolle as montaxes galegas Sophie non é o meu nome de guerra, da compañÃa Redrum, Xoguetes rotos, de Barrosanta en coprodución con ButacaZero, Alta costura de Elefante Elegante, Melón pelado de ButacaZero e Os dous de sempre, da man de Producións Teatrais Excéntricas.
Fóra do noso paÃs, a nómina de obras inclúe Antiga novidade, do creador madrileño Nacho Vera, Feliz dÃa, da compañÃa arxentina Suttotos, e Amalia y el rÃo, do grupo estremeño Guirigai, que clausurará o festival o domingo 26. A estas funcións súmanse as propostas do programa paralelo, pendente aÃnda de se dar a coñecer.
Nesta xeira, o proxecto amplÃa espazos e desenvolverá as súas actividades entre o Teatro Principal de Ourense, o Liceo Recreo Ourensán, a Sala Emilia Pardo Bazán do campus universitario e a Agrupación Cultural Auriense.