O XI FITO achegará dezaseis espectáculos a Ourense

O Festival Internacional de Teatro desenvolverase entre o 4 e o 14 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
O XI FITO achegará dezaseis espectáculos a Ourense

Un total de dezaseis espectáculos a cargo de quince compañías chegadas de Arxentina, Israel, Chile, Portugal, España e Galicia, con seis mulleres directoras. Esta é a proposta que fai o Festival Internacional de Teatro de Ourense que celebra a súa undécima edición entre os vindeiros 4 e 14 de outubro. Das propostas, dúas estreas estatais, tres galegas e unha absoluta. No programa, catro propostas galegas, a Compañía IO con Contiguo, A Panadaría co seu Elisa y Marcela, Trécola Teatro con Sentido, e Matarile Teatro que presentará Os limóns, a neve e todo o demais.

Teatro de rúa, danza, textual, físico, de autor, contemporáneo ou de obxectos fan parte da nova xeira, que inclúe tamén o IV Encontro Mulleres Creando, no que se abordará o papel feminino no teatro, a cultura e a sociedade, e mais o curso O xogo, motor da creación, que impartirán os integrantes da compañía arxentina Suttotos.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ourense, Mulleres, Arxentina...