Doce montaxes visitan Ourense no IX Festival Internacional de Teatro

O encontro desenvólvese entre o 7 e o 19 de outubro vindeiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Doce montaxes visitan Ourense no IX Festival Internacional de Teatro

O Museo Municipal da Cidade das Burgas acollía esta mañá a presentación da novena edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). O evento achegará á cidade entre os días 7 e 19 de outubro espectáculos de doce compañías chegadas de España, Chile, Dinamarca, México e, por suposto, Galicia. O Teatro Principal, o Auditorio Municipal e o campus universitario acollerán as representacións de As fillas bravas de Chévere, Pan! Pan! da Panadería Teatro, Antes de la metralla de Matarile, Así que pasen cinco años de Atalaya e o Centro Dramático Nacional Muñeca de porcelana, de Bravo Teatro ou Circo mediterráneo da compañía Rolabola entre outras. A nivel internacional, os dinamarqueses Granhøj Dans achegan unha proposta que explora a poética da danza, os chilenos La Llave Maestra abordarán o tema das viaxes e a mexicana Lagartijas Tiradas al Sol explorará comunidades pouco coñecidas. En paralelo, o evento inclúe a segunda edición do encontro Mulleres creando, que se articula arredor de dúas mesas redondas nas que se tratará o xénero nas artes escénicas e a situación da danza en Galicia.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ourense, Danza, Chile...