AÃnda que a retirada de apoio económico por parte do concello puxo en risco a súa celebración, Sarabela Teatro anunciaba esta semana que o Festival Internacional de Teatro de Ourense se desenvolverá entre o 23 e o 27 de outubro. A compañÃa, no entanto, adiantou que a duodécima edición do evento contará cun programa reducido, ao ver minguados nun 63 por cento os fondos con que contaba e ficar só con 31.000 euros. Entre os recortes que sufrirá o formato, para alén de reducir a cinco dÃas a duración, está a desaparición do encontro Mulleres Creando. O Teatro Principal, o campus e as rúas da Cidade das Burgas serán os escenarios que acollerán as seis funcións previstas para o programa, que aÃnda non se fixo público.